2011: ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Se o ano 2010 foi o Ano Internacional da Biodiversidade, 2011 será o dos bosques. Nacións Unidas organizará diversas actividades para concienciar á sociedade dos problemas que sufren os recursos forestais de todo o planeta e frear o seu deterioro. Cada ano desaparecen máis de 13 millóns de hectáreas de bosques en todo o mundo, unha superficie equivalente á cuarta parte da península Ibérica.
Nós tamén podemos contribuír a recuperar a masa boscosa do planeta de diversas maneiras. A máis activa é plantar unha árbore coas nosas propias mans. Outra opción é axudar ás asociacións ecoloxistas ou que traballan con árbores, aprender máis sobre eles e apreciar a súa importancia, ou denunciar posibles casos de talas indiscriminadas ou cualquera outro problema que lles afecte. Tamén podemos presionar ás institucións para que emprendan medidas que defendan os bosques, como a creación de espazos protexidos e corredores entre estas áreas, o apoio a prácticas eficientes e unha xestión forestal sostible ou a repoboación con especies autóctonas das zonas deforestadas.
Os bósque son moito más que madeira!
FONTE: Revista Eroski Consumer
0 comentarios