ÁREAS MIRIÑAS PROTEXIDAS
Dende hoxe e ata o 11 de febreiro , temos no noso centro, IES A Sangriña, a exposición ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
Cos seus 24 paneis e un DVD, esta exposición pretende:
- Sensibilizar ao alumnado arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico.
- Dar a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral.
- Sinalar o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.
Na exposición poderás atopar información sobre a situación actual das Áreas Mariñas Protexidas e outros temas arredor delas. Esta información estrutúrase en catro bloques:
- Recursos do mar
- Problemáticas de conservación
- A pesca en Galicia
- As Áreas Mariñas Protexidas
"O mar depende de nós, nós dependemos do mar"
Que disfrutedes dela!
0 comentarios