Blogia
vgomez

CONTO: O GATO

CONTO: O GATO

Dous amigos andan pola Cañiza, provincia de Pontevedra, tomando unhos chatos de tardiña. Ao chegar á praza dille un ao outro:

- Marcho para a casa. Faise tarde, vai frío e aínda teño que preparar unha bolsa de auga quente para metela na cama porque estas noites de friaxe non me dan quecido os pés.

- Iso xa non se leva, dille o amigo. Ou pos calefacción, que é algo cara dende logo, ou compras un gatiño que lle chaman de Agora. É un animaliño con moito pelo, acaríñalo e faiche compaña, mantelo cunha latiña de penso ao mes e vaise contigo aos pés da cama para darche calor natural durante toda a noite. Compra o gato e déixate de botas de auga.

Ao cabo de dúas semanas víronse na feira e o dos pés fríos estaba irrecoñecible. A cara e as mans rabuñadas de todo, algunha roupa esgarfellada, un ollo tapado cunha venda e coa apariencia de que pelexara cun xabaril no medio dun silveiro. Un nazareno, vai.

- Pero, que che pasou? -dixo o colega. Foi ise cabrón do gato. Dixo o outro moi enfadado e mesmo soltou unha blasfemia berrando coma un poseso.

-Pero home. Non che expliquei...?

-Pois eu non sei como fixen. O funil no cu aínda llo din metido, pero cando botei a auga fervendo, pensei que me devoraba.

FONTE: Almanaque Agrícola ZZ. Ano LIX

0 comentarios