CINE: OS OSCAR 2011
Na pasada noite celebrouse a entrega da 83 edición dos Oscar. A película gañadora foi "O discurso do Rei", un filme de Tom Hooper que narra a historia dun neno que medra eclipsado polo seu irmán maior e despreciado polo seu pai, debido á súa tartamudez inmune aos tratamentos dos logopedas máis prestixiosos. Ese pai é Jorge V, ese irmán, Eduardo VII e ese neno, Alberto Federico Arturo Jorge de Windsor, futuro Jorge VI de Inglaterra.
Esta película tamén acaparaou as estatuiñas ao mellor director (Tom Hooper), mellor actor (Colin Firth) e mellor guión orixinal (David Seidler).
Outros gañadores desta edición foron: Mellor actriz secundaria (Natalie Portman) por "Cisne negro", mellor actor secundario (Christian Bale) por "The Fighter", mellor actriz secundaria (Melissa Leo) por "The Fighter", mellor pelícua en fala non inglesa "Nun mundo mellor" (Dinamarca), mellor guión adaptado (Aaron Sorkin) por "A rede social", mellor película documental "Inside Job" de Charles Ferguson e Audrey Marrs, mellor curto documental "Strangers No More" de Karen Goodman e Kirk Simon, mellor montaxe (Angus Wall y Kirk Baxter) por "A rede social", mellor dirección de fotografía (Wally Pfister) por "Orixe", mellor banda sonora orixinal " A rede social" de Trent Reznor e Atticus Ros, mellor canción orixinal ("We Belong Together"), de "Toy Story 3", de Randy Newman, mellor dirección artística (Robert Stromberg e Karen O’Hara) por "Alicia no país das marabillas", mellor deseño de vestiario (Colleen Atwood) por "Alicia no país das marabillas", mellor maquillaxe (Rick Baker and Dave Elsey) por "O home lobo", mellor son (Lora Hirschberg, Gary A. Rizzo and Ed Novick) por "Orixe", mellor montaxe de son (Richard King) por "Orixe", mellores efectos especiais (Paul Franklin, Chris Corbould, Andrew Lockley e Peter Bebb) por "Orixe", mellor película de animación ("Toy Story 3") de Lee Unkrich, mellor cortametraxe de ficción ("God of Love") de Luke Matheny, mellor corto de animación ("The Lost Thing") de Passion Pictures Australia e Oscar honorífico a Kevin Brownlow, Francis Ford Coppola, Jean-Luc Godard e Eli Wallac.
0 comentarios