Blogia
vgomez

CONTO: PESCADORES DE AUGA DOCE

CONTO: PESCADORES DE AUGA DOCE

Pescador de río / Imaxe:recuerdosdelavida.blogia.com

Cando as empresas eléctricas chegaron a Galicia para facer as súas obras e explotacións hidráulicas e térmicas, empregaron a traballar moitos obreiros galegos pero tamén nomearon tamén algún carguiño da terra, en traballos máis técnicos, de responsabilidade e remunerados. Aquela xente xa traía outro xeito de gozar das cousas máis ostentosa e elitista. Chamábanlle calidade de vida por aquel entón...

Cando se fixo a Central do Bibey en Manzaneda (Ourense), un home da bisbarra de oficio administrativo xa se fixera cun posto na compañía. Pero tiña ganas de ascender nos postos da empresa.

Certo día chamou dende o despacho á súa dona para dicirlle:

- Meu corazonciño, o xefe encargoume que o acompañe a pescar ao Lago de Sanabria -que se atopa na provincia de zamora- con outros altos cargos que veñen de Madrid. Imos por unha semana e esta sera unha moi boa oportunidade para conseguir esa promoción que tanto nos vai axudar.

Prepárame a equipaxe cariño: roupa para sete días, o traxe que levei na voda, e tamén a cana de pescar e unha bolsa de anzois. Cando saia de traballar paso a recollelo e marchamos no meu coche.

¡Ah! E por favor, non te esquezas de meter tamén ese pixama de seda azul que me compraches de regalo...

A muller cavilou e cavilou que aquilo soaba un pouco estraño. Un traxe caro e mais un pixama de luxo para unha excursión de pesca na natureza non lle cadraba moito. Pero, como boa esposa, fixo o que o marido pedira.

Unha semana despois voltou o home, cansado, pero moi contento. A dona deulle a benvida e deseguida preguntou cun sorriso:

- E logo, pescastes moito?

- Moito, abofé -dixo el. Non deixamos nin unha troita para mostra, aínda que non trouxen ningunha e preferín regalárllelas aos meus compañeiros. Pero, por que non me metiches nin o traxe nin o pixama de seda azul como che pedín?

- Si que os metín -dixo ela. Púxenos na mesma caixa ca os trebellos da pesca...

Ensinanza: intelixencia feminina. Cando el foi a Sanabria, xa ela voltara sete veces.

FONTE : Almanaque Agrícola ZZ Ano LXV

0 comentarios