E AGORA RISCO NUCLEAR
Central de Fukushima / Imaxe: elpais.com
Se fora puco cun terremoto e un tsunami en Xapón, agora chega unha alerta nuclear, e esperemos que só se quede neso pois todo indica que a cousa pinta mal, pois o goberno xaponés advertíu de que existe o risco de que produza unha nova explosión similar á de onte na planta nuclear, que de feito xa se producíu, e non descarta que se iniciara un proceso de fusión do núcleo nos reactores 1 e 3.
Pero cal é a causa desa alerta?
O terremoto cortou o suministro á central de Fukushima I (Fukushima Daiichi), a 240 quilómetros de Tokio. As bombas que suministran auga para refixeral deixan de funcionar. A auga ao deterse nas tuberías evapórase, provocando un aumento de presión e estoupa. Sen refrixeración o nucleo do reactor pode comenzar o proceso de fusión.
Para complicar máis o panorama, a segunda central de Xapón, a planta de Tokai (en Onagawa), a 120 quilómetros de Tokio, tamén esta con problemas de arrefriamento no reactor.
Para coñecer mellor a relación teremoto, tsunami e alerta nuclear de Xapón, pincha AQUÍ neste gráfico interactivo.
Para saber máis sobre a ENERXÍA NUCLEAR pincha AQUÍ e verás unha infografía aclaradora.
0 comentarios