ALLO
Allo / Imaxe:blogdefarmacia.com
O allo (Allium sativum ) é unha hortaliza. O seu bulbo empregase comúnmente na cociña mediterránea. Ten un sabor forte (especialmente estando crudo) e lixeiramente picante. Tradicionalmente agrupábase dentro da familia das liliáceas pero actualmente ubícase dentro da subfamilia das alióideas das amarilidáceas.
O allo xa ocupaba un destacado lugar na alimentación dos exipcios e dos hebreos. O exipcios elevárono incluso, ao rango de divinidade.
USOS:
O allo diminúe a agregación plaquetaria e aumenta sensiblemente a actividade fibrinolítica. Estes dous efectos conxugados confirenlle propiedades antitrombóticas. Grazas a súa actividade hipolipemiante e hipocolesterolemiante, prevén igualmente a arteroesclerose e os accidentes vasculares asociados á mesma. Polo tanto, o allo mellora a circulación sanguínea e en consecuencia unha acción beneficiosa sobre a hipertensión arterial. En traballos realizados recentemente demostraron que non só é bacteriostático, senón tamén antifúngico e un bo desinfectante intestinal. As propiedades dos allo débense a unhas substancias de natureza azufrada, a aliína e o ajoeno.
En resumo, ideal para a hipertensión, prevención de accidentes vasculares, antiséptico pulmonar e intestinal e un bo vermífugo (contra as lombrigas).
0 comentarios