Blogia
vgomez

OLIVEIRA

OLIVEIRA

Follas de oliveira e olivas / Imaxe:www.dejardineria.com

A oliveira (Olea europaea) é unha árbore perennifolio, lonxevo, de tamaño mediano e con tronco nudoso. En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares aillados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan basicamente para autoconsumo. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.

De todos son coñecidos os efectos beneficiosos do aceite de oliva, o ouro líquido do seu froito, pero aquí quero falar doutros efectos a partir das súas follas. A acción hipotensora das mesmas, é atribuída dende hai moito tempo a unha única substancia, un iridoide chamado oleoeuropeósido, responsable simultaneamente das accións hipotensora, vasodilatadora, antiarrítmica e espasmolítica. En realidade existe outra substancia, recentemente descuberta, a oleaceína, que podería xustificar ao menos en parte, a súa acción hipotensora.

Útil na prevención da arteroesclerose e das enfermidades coronarias, a folla de oliveira permite igualmente tratar os trastornos asociados á hipertensión arterial, como cefaleas, vértigos, zuñidos de oídos, etc.

Tamén se ten constatado unha actividade hipocolesterolemiante (diminución do LDL colesterol e aumento HDL colesterol) e hipoglucemiante, podendo desta forma, utiliarse como tratamento coadxuvante da diabete non insulino-dependente (diabete tipo II).

En conclusión interesante nas alteracións circulatorias leves, hipertensión e diurético, sen olvidarnos do seu zume: o aceite.

0 comentarios