QUE É O ESTRAMONIO
Planta de estramonio / Imaxe:tarotistas.com
Tristemente o estramonio está en tódolos medios de comunicación pola súa implicación na morte de dous mozos o pasado 21 de agosto en Madrid. Pero que é o estramonio?
O estramonio (Datura stramonium),é unha planta da familia das Solanáceas de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas.
Tamén é coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gorgullo. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno.
Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides (atropina, escopolamina, hiosciamina e hioscina), especialmente nos talos e nas nervaduras das follas. Ten propiedades alucinóxenas e as súas sementes utilizáronse tradicionalmente, pero con precaución, como analxésico.
Parace ser que en doses elevadas e mesturadas con alcohol ou outras drogas produce A MORTE.
Coñecela non implica usala, todo o contrario. A información é fundamental!
0 comentarios