Blogia
vgomez

3 ANIMAIS QUE REALIZAN A FOTOSÍNTESE (II)

Imos co segundo animal que realiza cleptoplastidia, proceso polo cal un organismo captura os cloroplastos ou as células enteiras das plantas ou algas que consome, e os conserva e mantén no seu organismo.

2. Baicalellia solaris, o platelminto que fotosintetiza

Un exemplar vivo de Baicalellia solaris, en microscopio óptico (esquerda) e de  fluorescencia (dereita) / DOI 10.1126/sciadv. aaw4337

Máis aló das babosas de mar é posible atopar animais fotosintéticos. Atopamos este comportamento en animais tan distantes desde o punto de vista evolutivo como os platelmintos. Ese é o caso de Baicalellia solaris, un verme plano mariño de forma redondeada e de menos dun milímetro de diámetro. Aliméntase de diatomeas, que distribúe polo seu corpo transparente. Á parte das algas capturadas, o único que está pigmentado neste verme son os seus ollos.

Unha particularidade da Baicalellia solaris é que é a única especie coñecida do seu xénero que realiza cleptoplastidia, e que, por tanto, realiza a fotosíntese. Ao tratarse dun animal tan pequeno e plano, con moi pouco volume e moita superficie exposta á luz, ten a vantaxe de que a eficiencia fotosintética pode chegar a achegarse, en magnitude, á que teñen algunhas algas. Con todo, hai moito sobre estes animais que aínda descoñecemos. Experimentar con estes animais é moi complicado, porque de momento non poden ser cultivados, só pódense levar a cabo experimentos con platelmintos capturados directamente do medio natural e mantidos con vida.

Continuará...

FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es

0 comentarios