O HOME NO ESPAZO: ISS
ISS fotografada pol astronauta italiano Paolo Néspoli dende a nave Soyuz na que regresaba á Terra, o pasado 24 de maio. Imaxe: ESA/NASA
A Estación Espacial Internacional (ISS) é un centro de investigación construído na órbita terrestre. No proxecto participan cinco axencias do espazo: A NASA (Estados Unidos), A Axencia Espacial Federal Rusa (Rusia), a Axencia Xaponesa de Exploración Espacial (Xapón), a Axencia Espacial Canadiense (Canadá) e a Axencia Espacial Europea (ESA).
A ISS está situada en órbita en torno da Terra a unha altitude de aproximadamente 360 quilómetros, un tipo de órbita denominada como órbita terrestre baixa (en realidade, a altitude varía ao longo do tempo en varios quilómetros debido ao arrastramento atmosférico e aos reempuxes). Realiza unha órbita ao redor da Terra nun período de preto de 92 minutos. Está considerada como un dos logros máis grandes da inxeniería.
A historia da ISS comenzou o 20 de novembro de 1998. De moitas maneiras a ISS representa unha fusión das estaciones espaciais previamente previstas: a Mir-2 de Rusia, a estación espacial estadounidense Freedom, o previsto módulo europeo Columbus e o JEM (Módulo Xaponés de Experimentos).Grazas á ISS, hai presencia humana permanente no espazo, polo menos dúas persoas a bordo.
Esta imaxe, tomada dende a nave Soyuz TMA-20, polo astronauta Paolo Néspoli, hai uns días, a uns 350 quilómetros de altura sobre a superficie terrestre, na que se aprecia a configuración completa da base, co transbordador da NASA Endeavour á esquerda) aínda atracado nela, así como a nave de carga europea ATV Johannes Kepler (abaixo). Néspoli, astronauta da Axencia Europea do Espazo (ESA) regresa co ruso Dmitry Kondratyev e o estadounidense Cady Coleman. Nespoli permaneceu en órbita 159 días.
0 comentarios