O MAPA DO UNIVERSO
O Universo é moito máis denso do que parece cando miramos as estrelas dende a Terra. As constelacións forman filamentos que, vistas no seu conxunto, lembran ao enmarañamento neuronal dun cerebro humano, composto por centos de miles de millóns de astros. Esta é a imaxe á que recorda o mapa que ha logrou realizar o equipo dirixido polo astrofísico norteamericano, e Premio Nobel de Física en 2006, George F. Smoot.
Smoot, profesor na Universidade de Berkeley (California) presentou recentemente en España, dentro do Starmus Festival, celebrado en Tenerife, os últimos resultados dunha cartografía na que leva traballando moitos anos e que continuamente actualízase con novos datos.
Smoot, que estudiou o fondo de radiación de microondas producido trala explosión do Big Bang, grazas ao satélite artificial COBE, demostrou que pouco despois desta explosión houbo no Universo unhas irregularidades que foron as sementes da posterior formación das galaxias.
Boa parte dos datos recabados para este mapa foron conseguidos co COBE, co seu sucesor o satélite WMAP e co Planck da Axencia Espacial Europea (ESA).
O astrofísico explicaba que é a forza deagravidade a que fai que pequenas estructuras organícense nuotras cada vez máis grandes. Segundo as súas estimacións, o Universo podería ser 100 veces máis grande do que se conseguíu ver ata agora.
FONTE: El Mundo
0 comentarios