CABAZA
Cabaza / Imaxe:dasgrueneforum.com
Cucurbita pepo é o termo botánico do que comunmente se denomina cabaza, cabazo ou calacú, froito da planta herbácea anual rastreira chamada cabaza ou cabaceira, que pode chegar aos 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero, follas pubescentes, lobuladas e acorazoada.
A cabaza foi unha das primeiras hortalizas traídas das Américas. As súas sementes lévanse utilizando durante moito tempo na medicina popular polas súas propiedades vermífugas (para eliminar as lombrigas intestinais), grazas ao aminoácido cucurbitina, comendo simplemente as súas sementes sen cáscara.
As sementes da cabaza, ben comidas sen cáscara ou preparando un xarope das mesmas machacadas con mel, son moi útiles para o tratamento da hipertrofia prostática benigna, xa que o aminoácido cucurbitina inflúe na dihidrotestosterona, evitando o aumento da próstata. Tamén ten propiedades diuréticas, polo que facilita o vaciamento da vexiga urinaria.
As súas follas en infusión teñen propiedades antipiréticas e antidiarreicas.
En resumo a cabaza é unha amiga da próstata masculina fundamentalmente, pero con aplicacións vermífugas, diuréticas, antipiréticas e antidiarreicas.
0 comentarios