A NOVA LEI DE RESIDUOS E SOLOS CONTAMINADOS
Viñeta de EL Roto, no xornal El País do pasado 26/07/2011
Hai uns día falabamos aquí do proxecto de Lei de Residuos e Solos contaminados. Pois ben o pasado día 14 de xullo foi aprobada polo Parlamento. Desta lei poderiamos citas os cinco puntos máis importantes:
1. Unha lei europea máis ambiciosa e eficaz: A nova lei transpón a Directiva europea 2008/98/CE, actualizando así a primera Lei de Residuos tras máis de dez anos de aplicación. A nova lei "configura os instrumentos necesarios para levar a cabo unha política de residuos máis ambiciosa e eficaz", segundo o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino (MARM). Entre os seus obxectivos destacan:
- Antes de 2015 deberá facerse unha recollida separada dos residuos (papel, plástico, vidro, metais) e fomentarase a separación en orixe dos biorresiduos.
- Antes de 2020 a prevención deberá ser do 10% (as Administracións Públicas deberán aprobar programas e plans para conseguilo) e a reutilización e reciclaxe dos residuos domésticos e similares, dun 50%. Para os residuos de construcción e demolición, a porcentaxe elévase ao 70% en preparación para a reutilización, reciclado e valorización.
2. Posibilidade do sistema de retorno de envases: A nova Lei abre a posibilidade ao Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) "se se demostra que é un instrumento técnico, económico e ambientalmente viable para unha xestión máis eficaz dos residuos".
3. Adeus ás bolsas de plástico: As bolsas comerciais dun só uso de plástico non biodegradable desaparecerán de forma progresiva ata a súa prohibición en 2018. Dende 2015 deberán levar unha mensaxe sobre os seus efectos no medio ambiente.
4. Prioriza a reciclaxe en Europa: A nova Lei establece que "as administracións públicas poderán articular, con carácter temporal, mecanismos que prioricen o reciclado dentro da Unión Europea, cando se atope xustificado por razóns medioambientais".
No caso do papel e cartón é unha boa noticia, como explican dende la Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel). Nos últimos cinco anos, entre 200.000 e 900.000 toneladas de papel usado recollido en España viaxaron cada ano a Asiaey, en especial, á China. Desta maneira, as fábricas recicladoras locais quédanse desabastecidas e ponse en perigo o sistema de reciclaxe e os seus postos de traballo. Ademais do impacto medioambiental do transporte, nestes países asiáticos o sistema de recollida de papel usado é aínda incipiente.
5. Inclúe a certificación forestal: Por primeira vez, a certificación forestal contémplase de forma normativa. A organización FSC España aplaude a medida para que "os envases e etiquetas cuxa materia prima procede dos bosques, como a madeira, o papel, a cortiza ou a resina natural, teñan unha orixe responsable".
FONTE: Revista Eroski Consumer. Xullo 2011
0 comentarios