O RINOCERONTE LANUDO DO TIBET
O Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles (California, EE UU) presenta esta semana a través dun artigo na revista Science o descubrimento dun fósil de rinoceronte lanudo primitivo no Himalaia. Este descubrimento levou á conclusión por parte dos expertos de que algúns mamíferos xigantes evolucionaron por primeira vez no Tibet actual, antes do comenzo da Idade do Xeo. A extinción destes durante a Idade do Xeo como o mamut lanudo e rinocerontes, osos perezosos xigantes e os gatos dentes de sable foron obxecto de numerosos estudos ata agora, pero sábese moito menos acerca de onde procedían estas especies, e como adquiriron ese nivel de adaptación para vivir nun ambiente de frío extremo.
Un equipo de xeólogos e paleontólogos do Museo de Historia Natural dos Ánxeles (NHM) e do Instituto de Paleontoloxía Vertebrada e Paleoantropoloxía da Academia China de Ciencias, descubríu un cráneo completo e a mandíbula inferior dunha nova especie de rinoceronte lanudo (Coelodontathibetana) en 2007, nas estribacións da cordilleira do Himalaia, no suroeste da meseta tibetana.
O novo rinoceronte atopado ten uns 3,6 millóns de anos (Plioceno medio), e os seus descendentes, como o mamut, son moito máis antigos e primitivos que a Idade de Xeo (Pleistoceno) na estepa de gran parte de Europa e Asia. O animal extinto tiña desenvolvidas adaptacións especiais de barrido para a neve, co seu corno aplanado para poder atopar restos de vexetación, unha conducta bastante útil para a supervivencia no duro clima do Tíbet. Estes rinocerontes vivían nun momento no que o clima mundial era moito máis cálido e os continentes do norte estaban libres das capas de xeo, como se observaría na Idade de Xeo tempo máis tarde.
FONTE: La Razón
0 comentarios