Blogia
vgomez

OS DOUS PLANETAS MÁIS PARECIDOS Á TERRA

Comparación dos dous novos planetas descubertos coa Terra e Venus /AP / Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics

 

A NASA anunciou hai uns días o descubrimento de dous novos planetas de tamaño case idéntico ao da Terra. Ámbolos dous atópanse en órbita ao redor dunha lexana estrela, Kepler 20, a uns 950 anos luz de distancia, sendo bautizados como Kepler 20e e Kepler 20f. Nun artigo que publicou a revista Nature explícase que se trata dos dous planetas máis pequenos nunca detectados ata agora na órbita dunha estrela similar ao Sol.

Un dos novos mundos, Kepler 20f, é apenas un 3% maior que a Terra, mentras que o outro é algo máis pequeno (o seu radio equivale a 0,87 veces o do noso planeta). Os dous parecen ser rochosos, pero as súas elevadas temperaturas superficiais, (815 e 426 graos respectivamente) impiden que sexan candidatos a albergar algunha forma de vida, polo menos tal e como nós a coñecemos.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

 

0 comentarios