Blogia
vgomez

FORMACIÓN DA TERRA: COLISIÓN DE METEORITOS

FORMACIÓN DA TERRA: COLISIÓN DE METEORITOS

 

Os "ladrillos" a partir dos que se formou a Terra poderían ser moi distintos do que os científicos pensaban ata agora. En efecto, un novo estudo suxire que o noso planeta xurdíu a partir dun grande número de colisións de meteoritos, de varias clases e tamaños. O estudo, levado a cabo por investigadores franceses, publicouse recentemente na revista Science.

A teoría clásica da formación da Terra dinos que, hai uns 4.500 millóns de anos, o material sobrante do nacemento do Sol formou arredor da estrela recén nacida un disco de po cuxos grans, moi lentamente e debido á súa propia gravidade,  fóronse agrupando e formando primeiro pequenas pedras, despois rochas máis grandes e por último un embrión planetario, que foi atraendo máis e máis material ata dar forma á Terra que coñecemos.

Tamén pensabamos que a maior parte dos corpos que se foron fusionando ao "embrión terrestre" formáranse nun estreito "corredor" espacial e eran todos moi similares e pertencentes a unha subfamilia de meteoritos chamados condritas de enstatita.

A idea basábase no descubrimento dun grande número de sorprendentes similitudes entre os diferentes isótopos de elementos como o osíxeno, o níquel e o cromo, entre a Terra e ese tipo concreto de meteoritos. Os isótopos son átomos dun mesmo elemento que teñen, sen embargo, distinto número de neutrones no seu núcleo.

Pero unha nova comparación entre isótopos de silicio terrestre e procedente de meteoritos parece suxerir que o noso planeta está "amasado" a partir dunha mestura moi heteroxénea de meteoritos de varias clases. Os xeoquímicos Caroline Fitoussi e Bernard Bourdon, da Ecole Normale Supérieure de Lyon, en Francia, analizaron isótopos de silicio procedentes de distintas rochas do manto terrestres e comparados despois cos mesmos isótopos procedentes de rochas lunares (das mostras traídas á Terra nas misións Apolo) e de meteoritos.

Empregados modelos informáticos da formación da Terra, os investigadores déronse conta de que para producir a mestura exacta de isótopos de osíxeno, níquel e cromo atopada nas mostras terrestres era necesario unir polo menos tres clases diferentes de meteoritos, e non só unha. En outras palabras, non foron só as condritas de enstatita as que formaron o noso planeta.

Formación da Lúa

O feito de que os isótopos de silicio medidos en rochas terrestres e lunares foran case idénticos entre si, suxire que o material que creou a Lúa debeu por forza formar parte do manto terrestre antes de que xurdira o noso satélite. Doutro xeito, os isótopos de ambos corpos serían moi diferentes.

A idea respalda e dá nova consistencia á teoría de que a Lúa formouse como consecuencia do impacto dun asteroide xigantesco (probablemente de tamaño similar a Marte) contra o noso incipiente mundo.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

0 comentarios