Blogia
vgomez

OS GRILOS "LIGAN" CO SEU CANTO

OS GRILOS "LIGAN" CO SEU CANTO

O grilo / Imaxe:yalosabes.com

Aínda que son pequenos, os grilos rompen o silencio nocturno co seu poderoso canto, unha ferramenta que utilizan para facer as beiras ás femias. Segundo revela un estudo publicado esta semana no "Proceedings of the National Academy of Sciences" (PNAS), os machos son capaces de modular o ton do seu canto, unha característica que poderían empregar para parecer máis atractivos ante as súas potenciais parellas.

Os grilos emiten os seus repetitivos cantos durante o cortexo frotando as súas ás, un movemento que provoca vibracións que se converten en intensos sons. Deste xeito, as femias son capaces de localizar aos seus pretendentes e determinar cales son os máis desexables. E o tamaño é unha das características máis valoradas polas femias á hora de elexir un macho para procrear, segundo sinalan os investigadores da Universidade de Bristol (Reino Unido) e do Instituto de Ciencia da India de Bangalore que firman este estudo.

Ata agora os científicos pensaban que canto maior fose o tamaño do grilo, máis forte cantaba e cunha frecuencia máis baixa. Sen embargo, a analise do comportamento de exemplares de grilos de árbore (da especie "Oecanthus henryi") permitíu averiguar como a xeometría das súas ás é variable, unha característica que lles permite emitir sons desproporcionadamente altos e cunha frecuencia variable. Nesta investigación, os autores explican como estes diminutos insectos logran modificar o seu canto.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

0 comentarios