Blogia
vgomez

UN BOSQUE NO MEDIO DUN DESERTO XEADO

UN BOSQUE NO MEDIO DUN DESERTO XEADO

Unha das investigadoras, tomando mostras da auga con plantas no Ártico / Imaxe:NASA

Un bosque no medio dun deserto xeado. Así o describen, nun comunicado, os científicos que o descubriron, nunha expedición da NASA, no que indican que o Océano Ártico estase tinguindo de verde pola proliferación de plantas mariñas microscópicas, que son esenciais para a vida noutros mares, pero que non sobreviviran ata agora nun ecosistema tan frío.

O quentamento global está, segundo o traballo que publica "Science", detrás dun fenómeno que ata agora non se detectara en toda a súa amplitude.

A expedición ICESCAPE (Impactos do Clima nos Ecosistemas e a Química do Ártico) explorou as augas dos mares de Beaufort e Chukchi, en Alaska, a bordo dun rompexeos estadounidense. "Observamos unha masiva expansión do fitoplancton entre 800 centímetros e 1,3 metros na capa xeada no primeiro ano no mar Chukchi", aseguran os autores.

Comparativa del hielo en 1979 y 2011, recogida por la NASA. |NASA

                                           Comparativa do xeo en 1979 e 2011, recollida pola NASA

Os cambios no Ártico xa foran detectados por imaxes de satélites da NASA. A expedición tiña como obxectivo confirmar os datos, nun lugar de difícil acceso dende terra.

Ata agora pensábase que estas plantas que tinguen de verde a agua e son a base da cadea alimentaria mariña, só medran despois de que o xeo do mar se retirase, o que ocorre no verán. O problema, segundo o biólogo Sam Laney, do Woods Hole Oceanographic Institution, está en que, igual que unha chuvascada fai florecer o deserto, a acumulación de auga de desxeo en curtos períodos de tempo no Ártico teñen importantes efectos sobre o ecosistema.

O fitoplancton, ademais, tivo un crecemento extremadamente activo, chegando a dobrar súa cantidade nun só día. Como o fitoplancton, á súa vez, consome grandes cantidades de dióxido de carbono, os científicos terán que evaluar, máis adiante, canto CO2 está entrando no Océano Ártico se resulta que estas plantas chegan a ser comúns baixo o xeo. Neste momento non se sabe se estas floracións acaban de empezar a producirse ou se é que non foron observadas antes, e se de seguir adelgazando o xeo, ao final se convertirá nun bosque sobre o mar.

FONTE:Xornal El Mundo/Ciencia

 

 

0 comentarios