Blogia
vgomez

PROXECTO LIBERA: SÁBADO, 11 DE XUÑO, NA PRAIA DO MUÍÑO

O proxecto “Libera” nace como unha iniciativa de SEO/BirdLife, a organización ambiental decana en España, en alianza con Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no noso país. Estas únense para loitar contra o lixo a través do coñecemento, a prevención e a participación. Desde a súa posta en marcha no ano 2017 “Libera” mobilizou máis de 90.000 persoas e colaborado con máis de 1.500 organizacións e colectivos, e converteuse nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar a todos os públicos. Como buque insignia creou "1 m2 pola natureza", para mobilizar a todas as heroínas e heroes de “Libera”.

Como todos os anos, o  próximo sábado, día 11 de xuño, vai celebrarse o encontro anual colaborativo para recoller  lixo das contornas naturais, dentro do cal a Deputación de Pontevedra organiza unha recollida na praia do  Muíño (A Guarda) ás 10  h. Terá unha duración aproximada de 2 horas.

Nesta actividade poderán participar ata 20 persoas, acompañadas en todo momento por un monitor e para participar deberdes cumprimentar o formulario web habilitado. Para facelo preme AQUÍ.

PARTICIPA!

FONTE: depo.gal/es/-/proxecto-libera

0 comentarios