AUGA NA LÚA?
Imaxe do relevo sombreado do cráter Shackleton / NASA/GSFC/SVS
Os científicos sospeitaban dende hai tempo que podía estar alí, pero nunca foran capaces de demostralo. Agora, investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), a Universidad de Brown, o centro espacial Goddard da NASA outras institucións cartografaron un cráter no polo sur da Lúa, o Shackleton, cun detalle sen precedentes e, en efecto, atoparon evidencias do que parecen ser xeo no seu fondo. Eso sí, en pequenas cantitades. O descubrimento, que aparece publicado en Nature, pode ser clave se algunha vez o ser humano decide habitar a Lúa.
Os investigadores utilizaron un altímetro láser do Orbitador de Reconocimiento Lunar (LRO) da NASA para coñecer o albedo ou reflectividade natural do cráter Shackleton. Descubriron que o chan do cráter é máis brillante que o de outros buracos cercanos, unha observación coherente coa teoría da presenza de xeo. Esta auga xeada, segundo as súas conclusións, pode formar ata un 22% do material dentro dunha capa dunha micra de espesor no chan do cráter.
O cráter, nomeado na honra do explorador antártico Ernest Shackleton, ten máis de 19 km de ancho e máis de tres de profundidade, aproximadamente a dos océanos terrestres.
FONTE: Xornal ABC/Ciencia
0 comentarios