OLIMPIADAS E ANIMAIS
Un guepardo e o atleta Usain Bolt / C. Sharp/AFP
Estes días estamos vendo nos Xogos Olímpicos como nos diferentes deportes tratan de conseguir as mellores marcas. Realmente non son máis que unha busca interminable dos límites humanos. Pero moito queda por facer para "tratar" de achegarnos ás "marcas" que teñen o resto de animais, ou dito doutro xeito, se eles competisen non teriamos nada que facer, levarian tódalas medallas. Vexamos algúns datos:
En atletismo, por agora, o home máis rápido é Usain Bolt, cos 100 metros lisos en 9 segundos e 58 centésimas (44,79 km/h). Un guepardo supera os 100 km/h. En resistencia, o record olímpico dos 10 km atópase en 27 minutos, o antílope americano fainos en 11 minutos (a máis de 60km/h). En salto de lonxitude o canguro vermello non dá opción a ningún atleta, acadando os 12,8 metros, fronte aos 8,95 metros que Mike Powell. Se se tratara do salto de altura, chegaría aos 3,1 metros, fronte aos 2,45 metros de Javier Sotomayor.
En alpinismo, máis de 3.000 personas chegaron ao teito do mundo, o Everest cos seus 8,848 metros sobre o nivel del mar, pero nada comparable cos 11.277 metros aos que colisionou un voitre moteado cun avión en Costa de Marfil en 1973.
En natación, o nadador máis rápido do mundo non chega a desprazarse a 9 km/h. Un marraxo común é capaz de acadar os 124 km/h.
En submarinismo, o austriaco Herbert Nitsch descendeu a 214 metros de profundidade a pulmón e sen axuda externa de ningún tipo. Insignificante, comparado cos cachalotes que chegan a máis de 3.000 metros.
Como vedes non temos nada que facer! Estes e outros datos foron recollidos por Craig Sharp exatleta, investigador veterinario e especialista en mediciña deportiva e rendemento humano. Tamén dirixíu o Centro Médico Olímpico Británico. Está xubilado, pero recopilou as grandes proezas físicas do ser humano e propúxoas en perspectiva contra as mellores marcas doutros animais e que se publican na revista ’Veterinary Record’.
FONTE: Xornal ABC e El Mundo/Ciencia
0 comentarios