FENÓMENOS METEOROLÓXICOS: TORNADOS E MANGAS
Esta fin de semana aconteceu na nosa localidade un fenómeno meteorolóxico pouco habitual: unha manga mariña. Falouse tamén de tornado. Son termos a diferenciar.
O tornado é un fenómeno meteorolóxico que se produce a raíz dunha rotación de aire de grande intensidade e de pouca extensión horizontal, que se prolonga dende a base dunha nube nai, coñecida como cumulunimbus. A base desta nube atópase a altitudes por debaixo dos 2 Km e caracterízase polo seu gran desenvolvemento vertical, onde o seu tope acada aproximadamente os 10 Km de altura ata a superficie da terra ou preto dela.
A nube é de cor branca ou gris claro mentres que o funil permanece suspendido da nube nai, cando este fai contacto coa terra preséntase dunha cor gris escura ou negra debido ao po e entullos que son succionados do chan polo violento remuíño.
Estes turbillóns chamados tamén chemineas ou mangas, xeralmente rotan en sentido contrario ás agullas do reloxo, no hemisferio Norte. Nalgunhas ocasións preséntanse como un cilindro, cuxo diámetro varía entre a base da nube e a superficie do chan e o seu diámetro inferior é aproximadamente de 1 Km alcanzando algunhas veces os 100 metros.
Cando o tornado se orixina no océano ou no mar en vez de formarse en terra firme, denomínase: Tromba Mariña. As trombas ou mangas mariñas seguen unha dirección vertical, aínda que algunhas veces inclínanse ou curvanse. A súa cor é gris escuro, non obstante, cando as ilumina o sol toman unha cor amarelenta.
Despois de formadas aumentan o seu tamaño. A súa duración polo xeral é de media hora. Antes de desaparecer empezan por diminuír o seu diámetro ata que o mar recobra o seu aspecto normal.
Algunhaz veces pode tocar terra, como foi o caso da nosa localidade, causando pequenos desperfectos.
FONTE:www.onsa.org.ve
0 comentarios