CINE: "OZ. UN MUNDO DE FANTASÍA"
Esta fin de semana chega aos cines a película "Oz. Un mundo de fantasía", que recrea as orixes do Mago de Oz. Esta é a súa ficha técnica:
Título: Oz. Un mundo de fantasía
Título original: Oz The Great And The Powerful
Director: Sam Raimi
Guión: David Lindsay-Abaire
Música: Danny Elfman
Productora: Walt Disney Pictures / Roth Films
Xénero: Fantástico, aventuras
Ano: 2013
País: USA
Duración: 127 minutos
Reparto: James Franco, Mila Kunis, Michelle Williams, Rachel Weisz, Joey King, Zach Braff, Abigail Spencer, Bruce Campbell
Sinopse: Oscar , un mago de circo de pouca monta e de dubidosa reputación, ten que abandonar a poeirenta Kansas e dirixirse ao brillante País de Oz. Está convencido que lle tocou o premio gordo e que a fama e a fortuna están ao seu alcance. Pero as cousas tórcense cando coñece tres bruxas: Theodora , Evanora e Glinda, que non están nada convencidas que Oscar sexa o gran mago que todo o mundo esperaba ansiosamente. Oscar ten que enfrontarse a todo tipo de problemas no País de Oz e tamén aos seus habitantes. Así que deberá descubrir o antes posible quen é bo e quen é malo. Oscar utiliza os seus xogos de maxia, con enxeño, fantasía e algo de bruxaría e ademais de transformarse no gran e poderoso Mago de Oz converterase nun home mellor.
Fantasía asegurada!
0 comentarios