Blogia
vgomez

UN BANCO PEOR DO QUE XA TEMOS: O BANCO MALO

UN BANCO PEOR DO QUE XA TEMOS: O BANCO MALO

 

A viñeta, de onte, do xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid-1942) publicado no xornal El País, fai referencia a un tema de actualidade: a creación dun banco malo imposto por Bruselas.

Pero que é o banco malo?

Un banco malo é aquela entidade ou institución financieira que se encarga de transferir os activos tóxicos das entidades bancarias, onde se inclúen aqueles fondos de inversións de pésimas condicións e que se crearon a partir de hipotecas ou créditos a persoas con pouca solvencia económica, a un Organismo Público que se encargaría de liquidar os pagos.

En poucas palabras, o Estado compra aqueles créditos con alta probabilidade de resultar pouco rentables para o banco, e faino a un prezo que estaría entre o valor do mercado e o valor contable do activo, é dicir, o Estado faríase cargo dunha parte da minusvaloración do crédito. Finalmente, estes activos ao venderse causarían pérdas, unha cifra que dependería da xestión deste tipo de bancos.

Na práctica, volvemos a ser os contribuíntes os máis afectados xa que seremos os encargados de pagar parte das perdas debido á mala xestión bancaria.

O máis curioso é que, ao parecer, é unha interesante medida para saír da actual época de austeridade económica.

A verdade é que terá que ser moito peor que os que xa temos, por desgraza!

FONTE:bancomalo.es

0 comentarios