Blogia
vgomez

A PARTE MÁIS ESCURA DO XENOMA HUMANO

A PARTE MÁIS ESCURA DO XENOMA HUMANO

Un estudo desvela os elementos activos do xenoma / Institutos Nacionais da Salúde

Non é frecuente que revistas de tan alto impacto como "Science", "Nature", "Genome Research" ou "Genome Biology" se poñan de acordo para publicar simultáneamente os datos dun traballo, pero neste caso os resultados merecen a unión para sacar á luz 30 estudos que descubren a parte máis escura do xenoma. Grazas a estes traballos, o que hai anos considerado ADN lixo deixa de parecer un refugallo para transformarse unha parte clave para a saúde e a enfermidade.

Despois da secuenciación do ADN humano no ano 2000, quedaba moito por coñecer desa "enciclopedia" que contén todas as instrucións para construír o corpo humano. Por esa razón iniciáronse varios proxectos para saber máis do xenoma e coñecer como funciona.

Os 30 estudos que agora se publicaron están englobados dentro do proxecto ENCODE (acrónimo en inglés de Enciclopedia dos elementos do ADN), realizados en 32 laboratorios de diferentes países entre os que se inclúen 2 españois (Centro de Regulación Xenómica en Barcelona e o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) en Madrid)

O que eles amosan é a paisaxe completa do xenoma. Se ata agora os protagonistas de todas as miradas foran os xenes, o proxecto ENCODE ilumina o resto do xenoma e desvela que preto do 80% ten actividade.

Os científicos só se centraran nun 2% do xenoma ou, o que é o mesmo, nos xenes. Un dos principais motivos é que son eles os que producen as proteínas, que son as unidades estructurais e funcionais das células, os "ladrillos" do corpo sen os cales non habería órganos nin outros compoñentes. Pero quedaba unha parte importante do ADN, a que non se lle prestara tanta atención. Non obstante, o que revelan os datos aportados por 440 investigadores é que esa parte do xenoma que parecía non ter ningunha función si que intervén regulando o proceso.

Esas zonas reguladoras son como os interruptores da casa que é o noso corpo. Son os que activan ou desactivan todos os circuítos do fogar. Esta parte do xenoma apaga ou acende os xenes e tamén regulan o cando, como e que cantidade de proteínas teñen que producir, é dicir, é fundamental na bioloxía humana, tanto que os científicos suxiren cambiar a definición de xene.

O último obxectivo deste e outros proxectos, como o dos 1.000 xenomas, é comprender o funcionamiento desa enciclopedia da que agora só coñecemos as súas páxinas, para nun futuro poder desenvolver terapias preventivas e curativas específicas para cada persoa, "lendo" o seu ADN, podendo  predecir que enfermedides vai desenvolver ou que terapias son as que necesita para bloquear ou activar algunha parte do seu xenoma.

De momento, ese é un soño, a realidade é que xa sabemos un chisco máis da enciclopedia humana! 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios