Blogia
vgomez

TÉMPORAS: COMO SERA O OUTONO?

TÉMPORAS: COMO SERA O OUTONO?

 Ceo de outono / Imaxe:Juan Ramón Quintana Estellés/fotonatura.org

Estamos nos días das TÉMPORAS, pero que son?

As témporas consisten en mirar o ceo nuns días concretos antes das 00:00 h. para ver que tempo fai nese momento, se o ceo está despexado, se hai nubes, cara a onde sopra o vento... Segundo esas observacións, dise que o tempo que había o primeiro día de témporas é o que predominará o primeiro mes da estación, o segundo día de témporas será o do segundo mes da estación e o terceiro día de témporas corresponderá ao terceiro mes da estación. Nos textos antigos consultados aclárase que o día máis importante é o sábado e que as datas concretas son as seguintes:

- Témporas de primavera: o mércores, venres e sábado da primeira semana de Coresma.

- Témporas de verán: o mércores, venres e sábado da semana de Pentecoste, antes da Santa Trindade.

- Témporas outono: o mércores, venres e sábado da semana que segue o 14 de setembro (Exaltación da Santa Cruz); e que poden caer dende o 15 ao 24 (ambos os dous inclusive) debido ao movemento da Pascua. Nalgúns textos chámanas témporas de San Mateo que é o 21 de setembro.

- Témporas de inverno: o mércores, venres e sábado da semana despois do terceiro domingo de advento que adoita coincidir entre o 14 e o 23 de decembro.

Estade atentos e despois veremos se acertan!

FONTE:santiagopeman.com

0 comentarios