OCUPANTES DE CORPOS II: PARAGORDIUS TRICUSPIDATUS

O parasito obriga ao grilo a botarse á auga / Pascal Goetgheluck
O Paragordius tricuspidatus é un parasito dos grilos probablemente adquirido por inxestión accidental dos ovos. Unha vez dentro, o verme medra de tres a catro veces o tamaño do artrópodo, ocupando todo o seu corpo agás a cabeza e as patas, segundo explican na revista científica do Smithsonian. O parasito produce proteínas que secuestran o sistema nervioso central do grilo, e cando o verme está próximo a madurar, ordénalle botarse á auga, onde é probable que morra. Mentres tanto, o parasito aproveita para saír pola parte traseira do seu anfitrión e atopa o lugar ideal para reproducirse.
FONTE: Xornal abc/Ciencia
0 comentarios