O PLANETA ERRÁTICO
Impresión artística do planeta errático / ESO
Un mundo errante vaga polo espazo. O insólito obxecto cósmico, detectado polo Observatorio Austral Europeo (ESO), flota libremente polo Universo sen estrela anfitriona.
Este corpo, que se atopa a unha distancia duns 100 anos luz, denominado CFBDSIR2149, parece formar parte dun grupo cercano de estrelas novas coñecido como Asociación estelar de AB Doradus.
Os investigadores atoparon o obxecto nunhas observaciónss realizadas cun telescopio CFHT (Canada France Hawaii Telescope) e avproveitaron as capacidades do VLT (Very Large Telescope) da ESO para examinar en profundidade as súas propiedades.
Os planetas errantes son obxectos de masa planetaria que vagabundean polo espazo sen estar atados a ningunha estrela. As investigacións aínda deben continuar para certificar se este obxecto é definitivamente un planeta errante.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios