Blogia
vgomez

A CIENCIA NO 2020 (VIII)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...

AGOSTO


 

1. A cápsula tripulada de SpaceX  ameriza na Terra: O día 2, regresou á Terra o primeiro voo espacial no que unha empresa privada lanza a persoas en órbita, protagonizando, ademais, a primeira amaraxe (aterraxe no mar) en 45 anos.

2. Explota en Beirut un almacén de nitrato de amonio: O día 4, unha explosión sacudiu Beirut, a capital do Líbano, causando danos a edificios e persoas en toda a cidade. Segundo os informes, a explosión rexistrouse como un terremoto de magnitude 3,3 na capital do Líbano e sentiuse ata  Chipre, a uns 150 quilómetros de distancia.  En canto á causa, todo apunta a que se orixinou nun almacén que gardaba case 3000 toneladas de nitrato de  amonio, que se almacenou de maneira incorrecta. O nitrato de  amonio, en por si, non é perigoso; pero é moi inflamable, como todos os compostos de nitróxeno. A molécula de nitróxeno ten unha ligazón tripla que require moita enerxía para romper, o que facilita que se produzan explosións.

3. África declárase libre de polio: A Rexión de África declarouse como zona libre de polio salvaxe o día 25, en especial, pola ausencia de casos de poliomielitis en Nixeria, o último país que reportaba casos, no últimos tres anos. Pero a OMS considera que o risco de brotes a nivel internacional é aínda alto.

Continura. Mañá setembro!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

0 comentarios