10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (IV)
Ixobrychus sturmii / Imaxe:avibirds.com
Cuarta das 10 aves raras ou rarezas descubertas en España, por achegarse ocasionalmente, fóra da súa zona habitual.
4. AVETORILLO CHUMBIZO (Ixobrychus sturmii): Aves solitarias de hábitos nocturnos orixinarias de África (en países como Nixeria son cazadas) e que viven en humedais e zonas con abundante vexetación ribeireña. Realizan movementos migratorios a zonas máis ao norte, pero en España son unha rareza.
Poden acadar os 30 cm de lonxitude. O seu peso é duns 140 gramos. Non hai dimorfismo sexual nesta especie. Aliméntanse de peixes, anfibios, insectos e moluscos.
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios