LVIII FESTIVAL DE EUROVISIÓN 2013
"We Are One" (Somos un) / Imaxe: musikqmgusta.blogspot.com
Os días 14, 16 e 18 do mes de maio celebrase a 58 edición do Festival da Canción de Eurovisión no "Malmö Arenae" de Malmö (Suecia). O slogan deste evento é "We Are One" (Somos un).
Un total de 39 países participarán, representantes das cadeas televisivas nacionais pertencentes á Unión Europea de Radiodifusión. Como notas discordantes Bosnia e Herzegovina, Eslovaquia, Portugal e Turquía anunciaron a súa retirada desta edición. Pola contra, Armenia volve ao concurso, que deixara en 2012.
O representante de España será El sueño de Morfeo, unha banda formada en Asturias en 2002 e formada por Juan Luis Suárez, Raquel del Rosario e David Feito. A canción que levan, da súa propia autoria, titúlase "Contigo hasta el final".
Para os amantes deste tipo de eventos, premendo AQUÍ tedes a posibilidade de seguir polo miúdo as cancións doutros paises, votacións...
Boa sorte!
0 comentarios