Blogia
vgomez

TERRA DE TANXUGUEIRAS A POLO BILLETE DE EUROVISIÓN 2022

 

Aquí tedes Terra, o tema co que o trío galego Tanxugueiras loitará por un billete para Eurovisión 2022, que terá lugar en Turín no mes de maio. Cunha produción moi coidada, no tema pódense escoitar pandereitas e fortes golpes de percusión que marcan o ritmo frenético de Terra, que acaba cunha mestura de voces e un gran golpe final.

Tanxugueiras defenderán Terra no Benidorm Fest, o festival que servirá como preselección española para elixir o representante de Eurovisión 2022. Aínda que as datas están sen confirmar, especúlase con que o certame terá lugar a última semana de xaneiro.

De gañar o Benidorm Fest, Tanxugueiras serían as primeiras en levar a Eurovisión unha canción nunha lingua cooficial do Estado. Polo de agora xa son as primeiras artistas da historia en levar unha canción en galego a unha preselección.

Tanxugueitas / Imaxe: Rocío Cibes/diariodepontevedra.es

Tanxugueiras esta formado polas voce sde Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro. Mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década, cheas de virtuosismo e contundencia, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.

Moita sorte!

0 comentarios