CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XVI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é 70 días. Tras extraer as vísceras e encher o abdome con sustancias aromáticas, o corpo era cuberto con natrón (sal divina) durante 70 días. Despois, unha vez desecado, limpábase e vendábase antes de entregalo aos familiares para o enterramento.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. Tal como dixemos, no proceso de momificación os órganos internos (vísceras) extraíanse e momificábanse individualmente. Pero había un órgano que era refugado, sabes cal?
- O páncreas
- O cerebro
- Os riles
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios