A MARISMA DE SALCIDOS

ANABAM leva moitos anos realizando saídas a diversos enclaves naturais do Baixo Miño. A maior parte destas saídas, por non dicir todas, van destinadas principalmente aos escolares, aínda que tamén se levan a cabo para adultos. No primeiro dos casos, e co fin de que saquen o maior aproveitamento das mesmas, entrega a cada escolar un caderno didáctico que haberá que cubrir durante a visita de campo.
Recentemente acaba de publicar o caderno que vedes na parte superior, adicado á marisma, esa área natural que hai na desembocadura de Salcidos e que ten unha grande importancia para as aves.
Para acceder ao contido do mesmo preme AQUÍ.
Parabéns!
FONTE:www.anabam.org
0 comentarios