BANDEIRAS AZUIS 1013
Bandeira azul, ondeando ao fondo da imaxe, na praia da Area Grande / Imaxe:ocio.farodevigo.es
As praias e portos deportivos españois obtiveron este ano 648 bandeiras azuis (551 nas praias e 97 en portos), dez máis que en 2012, o que permite ao noso país alcadar o seu mellor resultado histórico e continuar liderando o ránking dos países do hemisferio norte.
No caso de Galicia, este verán ondearán as bandeiras azuis en 138 praias galegas. Por provincias, repártense do seguinte xeito: A Coruña 49, Lugo 20 e Pontevedra 69. O saldo é positivo para a comunidade, que gaña dúas insignias para os seus areais.
A nosa localidade segue a manter as 2 que xa tivo o ano pasado: Area Grande e O Muíño
Estes distintivos de calidade ambiental son outorgados pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).
Bandeira Azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental desenvolvido pola FEE dende 1987. Promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo. Os criterios para obter a Bandeira Azul agrúpanse en catro áreas: Calidade das augas de baño, Información e educación ambiental, Xestión ambiental e Seguridade, servizos e instalacións.
0 comentarios