A PENÍNSULA IBÉRICA TRAGARÁ O ATLÁNTICO EN 220 MILLÓNS DE ANOS
O océano Atlántico será tan só un recordo dentro de 220 millóns de anos / Joao Duarte
Se aínda queda alguén por aquí dentro de 220 millóns de anos, EUA estará moito máis preto da Península Ibérica. Soa a slogan dunha axencia de viaxes, pero é literal: para entón, se as previsións do xeólogo portugués, que traballa na Universidade de Monash (Australia), Joao Duarte se cumpren, Iberia e Norteamérica aproximaranse, e o que hoxe coñecemos como océano Atlántico será un recordo tan antigo como para nós o son os dinosauros do Jurásico.
O mapamundi que coñecemos non é máis que a foto do instante xeolóxico en que nos tocou vivir. Todo escolar aprende que a codia terrestre está dividida en placas tectónicas que derivan sobre o manto, a capa inferior, e que estas láminas, tan delgadas a escala como a nata que flota no café con leite, se crean e se destrúen, formando supercontinentes que logo se fragmentan e se separan. As fronteiras entre dúas placas onde unha se somerxe baixo a outra e se recicla chámanse zonas de subducción.
O que Duarte e os seus colaboradores describiron é que estamos a asistir ao nacemento dunha zona de subducción, e encóntrase moi próxima a nós, ao sueste da Península Ibérica. Alí encóntrase o bordo da placa de Iberia, que forma parte da placa euroasiática. Ese lugar era un bordo pasivo, sen actividade. Non obstante, un mapeo en 3D e alta resolución do fondo mariño e das súas fallas tectónicas, realizado por tecnoloxías de soar, encontrou signos de fracturas que indican que esa zona se está a activar.
Non obstante, en xeoloxía non existen as présas; segundo o estudo publicado por Duarte e os seus colaboradores na revista Geology , o bordo sueste da placa ibérica non se converterá en toda unha señora zona de subducción ata dentro duns 20 millóns de anos. Unha minucia comparada cos 220 millóns de anos que deberán pasar ata que o Vello Mundo e o Nuevo se reúnan.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios