Blogia
vgomez

A RECICLAXE DAS LATAS DE CONSERVA: UN COMPROMISO CÍVICO

A RECICLAXE DAS LATAS DE CONSERVA: UN COMPROMISO CÍVICO

 

As latas de conservas recíclanse todas cun sinxelo xesto: depositalas no colector amarelo. A partir de aí comeza un complexo sistema que aproveita os seus materiais, aceiro e aluminio, de forma indefinida e sen perder as súas propiedades. Os beneficios ambientais, económicos e sociais de reciclar as latas son moi diversos.

En 2012 a porcentaxe de reciclaxe das latas de aceiro superou o 89%, segundo datos de Ecoacero : practicamente nove de cada dez latas postas no mercado recuperáronse e reciclaron o pasado ano.

A reciclaxe dunha lata de conserva evita o uso de novas materias primas e enerxía. Segundo datos da  European Metal Packaging (Empac) , o aceiro elaborado ao 100% a partir de ferralla precisa dun 75% menos de enerxía que o producido con materia prima virxe. No caso do aluminio, esta porcentaxe medra ata o 95%.

As emisións de gases de efecto invernadoiro, implicadas no cambio climático, tamén se reducen coa reciclaxe. Segundo datos de Ecoacero, cada lata reciclada evita emisións de CO2 equivalentes a 1,5 veces o seu propio peso.

Cada lata que non se deposita no colector amarelo e que remata a súa vida tirada na contorna ou nun vertedoiro "evidencia unha carencia de compromiso cívico".

Recicla!

FONTE: Revista Consu mer.

0 comentarios