Blogia
vgomez

O CAMBIO CLIMÁTICO DETRÁS DO TIFÓN HAIYAN

O CAMBIO CLIMÁTICO DETRÁS DO TIFÓN HAIYAN

Viñeta de Ramón, publicada no xornal El Pais no día de onte

O impacto do cambio climático en fenómenos tan desvastadores como o tifón que arrasou parte de Filipinas emocionou aos máis de 190 países participantes na 19 Cumio do Clima, que se celebra en Varsovia (Polonia) entre os días 11 e 22 do presente mes. Os asistentes á sesión inaugural tiveron un recordo para o país, devastado por este tifón de forza 5, a maior coñecida.

Os expertos subliñan a importancia do quentamento dos océanos na formación dos tifóns, algo relacionado coas emisións de dióxido de carbono á atmosfera, pero este non é o único elemento que intervén.

Os tifóns necesitan augas do mar con temperaturas por riba dos 28 graos centígrados.

E seguimos sen facer caso das recomendacións!

0 comentarios