Blogia
vgomez

A MÚSICA DE ATTICA REVOLUTION

 

A música soul é un tipo de música que xurdíu na comunidade afroamericana que combina elementos do gospel e do rhythm and blues. Presenta ritmos pegadizos, acentuados por palmas e movementos corporais extemporáneos, sendo algo máis que un son, é unha actitude.

Attica Revolution, un grupo asturiano, respiran esa sensibilidade. Está formado por Maite Vázquez, Pedro Vigil e Daniel Vázquez, no seu núcelo base. Acaban de presentar o seu último traballo: Single 7”. No vídeo da parte superior tedes o seu videoclip "Gimme Some Love”.

Espero que sexa do voso agrado!

0 comentarios