Blogia
vgomez

COP 19 DE VARSOVIA

COP 19 DE VARSOVIA

Cartel COP 19 / Imaxe:mercadosdemedioambiente.com

Os preto de 200 países participantes na Conferencia do Clima de Nacións Unidas en Varsovia (COP19), celebrada entre o 11 e o 22 deste mes na capital polaca, rematou cun acordo de mínimos para desbloquear as negociacións e perfilar unha folla de ruta cara ao acordo global e vinculante sobre redución de emisións en 2015.

O texto consensuado polas delegacións substitúe a palabra "compromisos" para a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro establecidos a nivel estatal polo termo máis descafeinado de "contribucións", algo que non cumpre coas expectativas iniciais da Unión Europea pero que contenta á maioría de países en vía de desenvolvemento, e especialmente, a India e China.

A comisaria europea de Acción polo Clima, recoñeceu que foi moi difícil chegar a un acordo durante o cumio de Varsovia, pero destacou a importancia de ter consensuado un calendario para que os países presenten os seus obxectivos de redución de emisións antes da COP21 de París, en 2015, e que todos os Estados contribúan a ese esforzo de diminuír emisións.

Pola súa parte, o ministro español de Agricultura e Medio, sinalou que o texto consensuado non debe ser interpretado como "unha renuncia a lograr un acordo ambicioso, senón como o resultado dun proceso de negociación complexo onde todas as partes tiveron que aceptar solucións de compromiso".

Decepción dos representantes de organizacións ambientais, que abandonaron o día 21 a Conferencia ante a falta de avances.

Os poderosos impoñen a súa lei! 

0 comentarios