Blogia
vgomez

TEATRO E ECOLOXÍA ÚNENSE EN CAMPOSANCOS COA LIMPEZA COLEXTIVA DA PARIA DO MUÍÑO

O próximo domingo, día 18, a praia do Muíño será escenario dunha iniciativa que combina o coidado do medio ambiente  coa creación artística. Alalá S. Coop Galega e FOCO súmanse á XV Limpeza Simultánea de Praias, organizada por Adega, cunha proposta que integra a recollida de residuos, o teatro e a sesnsibilidade ambiental.

A actividade enmárcase no proxecto FIOS e está aberta gratuitamente a toda a cidadanía. Dará comezo ás 11 da mañá  coa limpeza colectiva do areal.

Á 13 horas, a actividade desprazarase a parte alta da cafetería A Rede, na Pasaxe, cun aparitivo e unha mostra de microteatro de obxectos elaborados a partir dos materiais rescatados da praia.

Punto de encontro: Caseta de Socorrismo na praia do Muíno.

Recoméndase acudir con calzado cerrado e roupa cómoda.

Anímate!

FONTE: telemariñas.com

0 comentarios