Blogia
vgomez

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA III

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Continuo co apartado das aves, que supón a metade desas especies en perigo de extinción.

Imaxes: (Avefría) Charles J. Sharp/Wikimedia Commons e (Becacina común) Durzan Cirano/Wikimedia Commons

5. Avefría (Vanellus vanellus)

As poboacións de avefría (Vanellus vanellus) en Galicia están moi localizadas: unha na Terra Chá, en Lugo, e outra na Limia, en Ourense. De todas formas, en inverno chegan moitos exemplares en migración, cando vén a época de frío intenso. O seu principal factor ameazante é a destrución do hábitat polo desecamento das lagoas e a intensificación agrícola. Así mesmo, a caza invernal “ten unhas consecuencias descoñecidas” sobre a poboación sedentaria.

6. Becacina común (Gallinago gallinago)

Esta especie é moi pouco común en Galicia e tan só aumenta a súa frecuencia durante o inverno. A Limia é o único lugar onde existe unha mínima poboación residente. De igual maneira que acontece con moitas outras especies de aves, as alteracións no hábitat son as súas principais ameazas: incendios, deforestacións, drenaxes…

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

0 comentarios