BANDEIRAS AZUIS 2010
								
				
				O  xurado internacional Bandeira Azul, en 2010, concedeu  3.511  bandeiras azuis, 2.884 para praias e 627 para portos, no hemisferio  norte. España con 605 bandeiras azuis, 521 de praias e 84 de portos  deportivos, mantense á cabeza entre os 33 países participantes no hemisferio norte: 1 de cada sis bandeiras  do total ondearán no noso país. España recibe 34 bandeiras máis que o ano pasado.
 Por comunidades autónomas, Galicia lidera a lista, con 132 bandeiras azuis (122 de praias e 10 de portos), seguida da Comunidade Valenciana, con 108, Cataluña, con 104 e Baleares, con 94 bandeiras. Andalucía aparece no quinto lugar da clasificación, con 79 bandeiras, seguida de Canarias, con 37 distintivos e Murcia, que recibíu 17 bandera.
O noso concello contará con 2 bandeiras azuis: A praia da Area Grande e a do Muíño.
Se queres coñecer o listado completo pincha AQUÍ .
0 comentarios