Blogia
vgomez

SERPES VOADORAS

 

Algunhas serpes poden voar. Soa como un pesadelo espantoso, pero nas selvas do sueste asiático deslízanse polo aire coma se fosen un látego en forma de "S". Poden percorrer 30 metros dende unha árbore alta, toda unha fazaña para un animal aparentemente tan pouco aerodinámico. Pero, que mantén no aire estes réptiles? 

Segundo os investigadores que publican un estudo no  The Journal of Experimental Biology, todo o corpo da serpe defórmase para xerar o impulso necesario para permanecer no aire. As serpes dobran as súas costelas ao lanzarse para estirar e aplanar o corpo cambiando o seu perfil dun círculo a un arco de semicírculo, parecendo a versión dun “ovni”.

Existen cino especies de serpes voadoras, que pertencen ao xénero Chrysopelea. Os científicos non saben con que frecuencia ou por que voan exactamente, pero cren que é probable que o fagan para escapar doutros depredadores, pasar dunha árbore a outro sen ter que descender ata o chan ou, quizais, mesmo para cazar as súas presas por sorpresa.

Para coñecer a capacidade aerodinámica das serpes, os investigadores, do Instituto Politécnico de Virxinia, utilizaron unha impresora 3D coa que reproduciron o corpo dunha destas serpes voadoras e recrearon as mesmas condicións que provoca o aire nun tanque con auga (aínda que a auga é moito máis densa e pegañenta que o aire, os científicos din que as condicións son comparables) a diferentes velocidades. Desta forma, puideron comprobar como a forma ondulada da serpe favorecía o seu deslizamento.

Os investigadores cren que os animais reais obteñen mellores resultados que os do seu modelo de estudo. Seguirán investigando máis sobre estas piruetas aéreas que poden parecer aterradoras, pero que son un auténtico espectáculo da natureza.

FONTE: Xornal abc/ciencia

 

0 comentarios