UN RAIO VERDE SAE DA LÚA DE SANGUE
Un raio verde sae da lúa de sangue, nesta espectacular imaxe difundida pola NASA / Dan Long
A fotografía que observan sobre estas liñas non foi recreada con efectos especiais. É real, non hai trampa nin cartón, e ten unha explicación. Tanto o feixe de luz verde coma o disco lunar de cor vermella son auténticos, e foron capturados durante a madrugada do 15 de abril e a NASA deuna a coñecer.
A lúa vermella é doada de explicar, xa que a imaxe foi tomada durante a eclipse total de lúa que tanto chamou a atención a pasada semana. Inmersa na sombra, a Lúa eclipsada reflicte a luz arrubiar atenuada por todos os atardeceres e amañeceres da Terra. E o feixe de luz verde é... un láser. Disparado dende o telescopio de 3,5 metros do Observatorio Apache Point no sur de Novo México (EUA), utilízase para medir a distancia da Terra á Lúa cunha precisión milimétrica. O obxectivo é o retrorreflector instalado no noso satélite natural polos astronautas durante a misión do Apolo 15 en 1971 e que aínda é útil. Coñecendo o que tarda o pulso láser en regresar, un equipo experimental da Universidade de California San Diego é capaz de medir a distancia e proporcionar unha proba da relatividade xeral, a teoría da gravidade de Einstein. O raio verde aparece cando a atmosfera do noso planeta dispersa parte da intensa luz do láser.
Este experimento con láser durante unha eclipse total utiliza a Terra como un interruptor da luz cósmica. O rendemento do reflector lunar é mellor cando a luz solar natural está bloqueada que cando o astro está iluminado pola luz do Sol durante unha lúa chea normal, un efecto coñecido como un efecto coñecido co suxestivo nome da maldición da Lúa chea.
Todo ten explicación!
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios