O MAIOR DINOSAURO DO MUNDO
O paleontólogo Pablo Puerta, ao lado do fémur do dinosauro / Jose Maria Farfaglia (AP)
Os investigadores do Museo Egidio Feruglio, situado na localidade patagónica de Trelew (provincia de Chubut - Arxentina), presentaron restos do que consideran o maior dinosauro encontrado ata agora no mundo. O museo paleontolóxico difundiu imaxes dun fémur de 2,40 metros, o que fai calcular os científicos que o animal, pertencente á especie herbívora dos saurópodos, mediría 40 metros dende a cabeza á cola, tería unha altura de 20 metros e pesaría unhas 77 toneladas, equivalente a 14 elefantes africanos.
O dinosauro, que aínda non foi bautizado, foi encontrado entre rochas cuxa antigüidade se estima ao redor de 90 ou 100 millóns de anos. A extinción masiva dos dinosauros produciuse hai 65 millóns de anos, no período Cretácico Superior, moito antes de que xurdisen os primeiros homínidos, en África, hai uns catro millóns de anos.
O maior dinosauro encontrado ata agora tamén era arxentino. Trátase do Argentinosaurus huinculensis, encontrado na provincia de Neuquén en 1989. Ten unha lonxitude de 38 metros e unha altura de 18. Tanto o de Neuquén coma o Chubut alimentábanse da follaxe das árbores. Os científicos cren que podían devorar bosques enteiros en poucos minutos e que podían engordar uns 6.000 quilos cada ano.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios