ALUMNOS DO NOSO IES CAMPIÓNS DO MUNDO DA "D3MOBILE.ES METROLOGY WORD LEAGUE"
Irene, Jorge, Alejandro e Antonio Lomba
Un grupo de alumnos de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda acaba de gañar o campionato do mundo da “d3mobile.es metrology word league”, unha competición internacional de modelado en 3D de precisión co móbil para estudantes de 4º da ESO e bacharelato. O Instituto da Sangriña proclamouse gañador desta competición por segundo ano consecutivo. No ano 2013 xa conseguira gañar o campionato cun equipo formado por estudantes de 4º ESO.
A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D. Pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología). Polo CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.
O obxectivo desta competición é fomentar vocacións científicas e técnicas entre os xoves e espertar a súa capacidade investigadora a vez que aprenden a usar novas técnicas e ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías.
Dende que en xaneiro dera comezo a metrology word league, o equipo do IES A Sangriña da Guarda “tecnosang 2.1” compatibilizou, no sen esforzo, as esixencias do último curso do bacharelato coas propias da competición. As veces tiveron que traballar contrareloxo para entregar a tempo algunha das probas. Os integrantes do equipo e futuros estudantes de enxeñería, son Irene Rodríguez Rodríguez, Jorge Piedra Dorado e Alejandro González Martínez, coordinados polo profesor de tecnoloxía Antonio Lomba Baz.
A competición consiste en utilizar o seu teléfono móbil e un ordenador persoal, xunto cun software específico, para crear modelos tridimensionais a escala de obxectos reais. A técnica utilizada para realizar estes modelos recibe o nome de fotogrametría. A realización de modelos tridimensionais con esta técnica utilízase a nivel profesional en distintos ámbitos, é a que usan, por exemplo, para crear as tomas de "ollo de falcón" nos partidos de tenis.
Os integrantes do equipo campión queren agradecer o apoio e os ánimos de toda comunidade educativa así como o trato dispensado polos organizadores do evento.
A cerimonia de entrega de premios celebrarase o xoves 26 de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).
Os meus parabén para eles!
FONTE:tecnoloxía.con antonio lomba
0 comentarios