Blogia
vgomez

HUMOR VERDE: OS MANATÍS

HUMOR VERDE: OS MANATÍS

Viñeta de Ramón, no xornal El País (10/06/2013)

 

Os manatís  son unha familia de mamíferos placentarios da orde Sirenia coñecidos vulgarmente como vacas mariñas. Só sobrevive un xénero Trichechus, con catro especies.

O seu corpo ten forma de torpedo, está disposto especialmente para atravesar con facilidade as augas. Cabeza, colo, troco e cola réunense intimamente formando un só corpo, cilíndrico e fusiforme. Distínguese pola súa cola aplanada e en forma de culler e polas súas dúas aletas con tres ou catro uñas.

Son apracibles herbívoros que pasan a maior parte do seu tempo buscando e inxerindo as plantas ribeiregas e do leito mariño de augas pouco profundas. Os manatís viven en augas tanto doces como salgadas, preto das costas de América e África.

Actualmente todas as especies de manatís clasifícanse como vulnerables, isto significa que están en alto risco de extinguirse algún día. 

0 comentarios