A HORA DO PLANETA, MÁIS QUE UN SÍMBOLO
A Hora do Planeta naceu en Sidney en 2007 como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora.
Unha acción que cos anos converteuse nun movemento mundial do que xa forman parte miles de cidades de 188 países, que en pasadas edicións apagaron máis de 17.000 monumentos e edificios emblemáticos.
A Hora do Planeta une a cidadáns, empresas, concellos e institucións para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade.
Dependemos da natureza para vivir, é o sistema de soporte vital do planeta e bríndanos todo o que necesitamos, desde o aire que respiramos ata a auga que bebemos e os alimentos que comemos. E tamén é a mellor aliada para frear os impactos do cambio climático.
A ciencia é clara: quedan 10 anos para evitar os peores impactos do cambio climático. É agora ou nunca, hai que actuar antes de que sexa tarde.
Hoxe, sábdo, despois de "apluadir" ás 8, na homenaxe aos nos@s sanitari@s, de 20.30 a 21.30 h celebramos a Hora do Planeta.
Únete e loita pola túa natureza, pois de non actuar a tempo, pasaranos o mesmo coma na pandemia do coroavirus.
FONTE: horadelplaneta.es
0 comentarios